domingo, 14 de febrero de 2016

Heroes Animados

Ola a todos! Quería informarvos de que na sala de exposicións do Teatro Afundación (Policarpo Sanz 13, Vigo), poderedes ver unha magnífica exposición que estará aberta ata o vindeiro 16 de abril.



"Heroes animados" conta cunha morea de materiais orixinais e amosa en detalle o proceso de deseño e creación das personaxes de animación dalgunhas pelis internacionais tan inesquecibles como: El príncipe de Egipto, La ruta hacia el Dorado, Spirit, el corcel indomable, Simbad: la leyenda de los siete mares, El Espantatiburones, Madagascar, Kung-Fu Panda, Cómo entrenar a tu dragón, La Novia Cadaver de Tim Burton, ¡Piratas! y Hotel Transilvania. 

Non vola perdades!!